viernes, 23 de marzo de 2012

Web!

Nenos! Aquí tendes un enlace a nosa webquest, esperamos que vos sexa de moita axuda e que o pasedes ven percorréndoa e participando nos diferentes xogos propostos.


www.wix.com/ocaminodaaprendizaxe/ocaminodaaprendizaxe

miércoles, 21 de marzo de 2012

Artigo de periódico sobre os riscos de internet

Ola! Aquí aportamos un fragmento do periódico La voz de Galicia que espero que vos guste.
Trata sobre un programa que abordará en Carballo os riscos de Internet e a violencia nas aulas.
Paréceme que é unha mostra da gran importancia que ten a prevención desta problemática na poboación infantil.

Un saúdo

O programa Aprender para educar abordará este ano en Carballo os riscos de Internet e a violencia nas aulas


Aprender para educar, o programa formativo para pais e nais que promoven
dende o curso 2004-2005 o Concello de Carballo e a Asociación Socio-Pedagóxica
 Galega (AS-PG), abordará este ano dúas cuestións de especial actualidade.
Por unha banda desenvolveranse seminarios de educación dixital para que os
 proxenitores aprendan a valorar e a controlar os riscos de Internet e, por outra,
 haberá obradoiros sobre violencia nas aulas e resolución de conflitos.
A concelleira de Educación, Mar Eirís, destacou na presentación do programa a
«importante responsabilidade educativa» que teñen as familias, e subliñou tamén
as dificultades coas que soen atoparse para compaxinar unhas actitudes cada vez
máis democráticas dentro da casa coa autoridade que deben exercer, como tales,
os pais e as nais. Por iso, insistiu nun chamamento á participación, xa que as
cuestións
 que se abordarán este ano son «moi, moi interesantes» e poden axudar aos
 proxenitores a desenvolver o seu papel de educadores.
No mesmo sentido, o alcalde, Evencio Ferrero, convidounos a facer unha
 reflexión sobre a importancia do ambiente familiar para a educación. «Os pais
 non só non poden permanecer á marxe da educación dos seus fillos,
 senón que teñen que ser protagonistas activos», dixo.
Aprender para educar comezará mañá (Pazo da Cultura, 20.00 horas)
co primeiro seminario de educación dixital, no que Brais Martínez, infotecnólogo e director de proxectos de SDWEB, explicará o rastro que deixa a navegación por Internet, as ameazas da Rede, a veracidade da información que se consulta ou as redes sociais. En todos eses temas afondará a vindeira semana.
Os días 23 e 30, José Ramón González López, pedagogo e formador en
estratexias comunicativas, habilidades sociais, resolución de conflitos e
prevención de condutas violentas, dará ós pais unha serie de claves para
previr a violencia e mellorar na resolución de conflitos.

Actividade con Ardora

Aquí aporto nenos e nenas a actividade que tanto me custou subir espero que vos guste
moito e aprendades moito dos perigos de internet, a xogar!


Cuestionario HotPotatoes 2

Aquí o cuestionario que tedes que realizar logo de aprender todo sobre os perigos de Internet.
Pensamos que agora xa estás preparado e atinarás todas, adiante campión/a!

https://dl-web.dropbox.com/get/Novas%20tecnolox%C3%ADas/Cuestionario%20HTML%201.htm?w=95ae7c6b

domingo, 18 de marzo de 2012

Moi boas! Aquí deixamos á vosa disposición un xogo didáctico moi completo que fixemos coa aplicación JClic, esperamos que vos guste moito.
Trata dos perigos de internet, aportando ós alumnos que o realicen conceptos e termos clave que consideramos que lles axudarán a entender a problemática actual dos riscos co grooming, cyberbullying e o sexting.  Esperemos que disfrutedes!


O enlace:

sábado, 17 de marzo de 2012

Aquí aportamos outra actividade realizada esta vez coa aplicación Edilim, a fin de que os nenos coñezan os perigos de internet e a súa problemática nunha actividade de resposta múltiple,
esperamos que vos guste
A XOGAR!
Ola a todos! Hoxe comunícovos que conseguimos por fin pasar a actividade sobre o grooming que estivemos facendo, a fin de concienciar ós nenos sobre a existencia de individuos perigosos que lles pretenden facer dano, informándolles sobre a temática, espero que vos guste!
file:///c:/Users/Juan/Dropbox/Public/Carpeta%20nueva/Carpeta%20nueva/actividade.html

A ver se acertades!!!