lunes, 27 de febrero de 2012

As nosas aportacións

Ola de novo! Eu son Alba.
 A miña aportación ó blog foi crear unha das entradas nas que informamos a todos os mozos e mozas sobre os perigos que existen en internet. 
Para colaborar, creei dos cuestionarios en HotPotatoes, nos que aparecen diferentes preguntas para que os alumnos respondan. De este modo, nós, como docentes/futuras docentes, coñecemos o que eles saben ou non.
Despois deste cuestionario, creei outro máis, para despois de informalos sobre os diferentes perigos que existen no mundo de internet. Así decatámonos do que aprenderon durante a nosa explicación, co fin de poder melloralo nun futuro.
Con este blog aprendemos a manexar diferentes programas para xogos como ardora ou HotPotatoes esta experiencia tamén nos serviu para manexar un blog xa que nunca traballaramos con ningún.




Ola! eu son Sonia
A miña aportación ó blog foi buscar información das diferentes fontes sobre os distintos perigos de internet e diferentes videos onde quede reflexada a idea que estamos a buscar: " documentar aos nenos e nenas dos diferentes perigos de internet" . 
Para as próximas publicacións no noso blog imos incoporar diferentes xogos para por en práctica toda a información relevante. Nestes xogos tamén estou a participar xunto cos meus compañeiros. 
Con este blog aprendemos a manexar diferentes programas para xogos como ardora ou HotPotatoes; esta experiencia tamén nos serviu para manexar un blog xa que nunca traballaramos con ningún.




Boas, son Carla!
O aportado por min ó blog comezou coa personalización do blog e a  nosa presentación coas fotografías que acompañan a esta. Ademáis de actualizar a información recollida a diario, acerca dos perigos de internet de cara a rapaces e rapazas de 5º e 6º curso de Primaria xunto cos meus compañeiros.
Grazas ao blog coñecín o funcionamento destes posto que nunca utilizara un. E tamén a manexar básicamente os programas de Ardora e HotPotatoes, os cales considero de bastante utilidade nun futuro laboral.
un saudo.




Ola! Son Mari Luz
Eu aportei ao Blog información sobre algúns dos moitos perigos que se poden atopar na rede. Ademais diso, tamén busquei algunhas imaxes e vídeos relacionados có tema e colaborei na personalización do Blog.
Tamén, xunto cos meus compañeiros, fixen o diseño da webquest e encargueime de ir poñendo as cousas que me pasaban. Como xogos, realicei o aforcado, que máis tarde subín ó blog e á páxina web. 
Grazas a esta asignatura, aprendín a crear e utilizar un blog, a crear unha páxina web, cousas que nunca fixera con anterioridade, e a usar diferentes programas de creación de xogos, como HotPotatoes ou Ardora, os cales son moi interesantes para utilizar nas clases e facelas máis amenas. 





Hola,son Xesús,
eu participei na realización do informe do proxecto redactando unha parte do mesmo, incluíndo a búsqueda dos obxectivos e contidos no currículo e especificando  e añadindo contidos(pero da miña parte do xogo redacteino eu, non os outros xogos)sobre algunhas aplicacións dos xogos que empregamos, Hot Potatoes, Edilim, etc.
Ademáis realicei o póster e busquei información na base de datos ISOC en diversas revistas e aporteino ó blog:  Prevalencia y consecuencias del cyberbullying: una revisión,La Administración electrónica y la protección de datos personales,el reconocimiento del derecho a la protección de datos personales,el sentido de la privacidad, la intimidad y la seguridad en el mundo digital:ámbitos y límites, la protección de datos y los medios de comunicación, las redes sociales y la protección de datos hoy,cyberbullying: victimización entre adolescentes a través del teléfono móvil y de internet,e busquei algúns vídeos dos perigos de internet  e outra información na wikipedia e noutras páxinas en google a fin de conceptualizar e explicar mellor a temática dos riscos da rede.Ademáis na webquest realicei unha parte,despois de repartilo entre todos, eu fixen a do proceso(indicando suxerencias e indicacións) para a realización da actividade. Por outra parte realicei un xogo na aplicación Edilim co perigo de individuos na rede que pretenden acosar ós nenos e en JClic fixen outro de relacionar perigos, e outro con Ardora que subín ó blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿ Consideras un perigo as redes sociais nas mans de menores entre 10 e 12 anos?