viernes, 23 de marzo de 2012

Web!

Nenos! Aquí tendes un enlace a nosa webquest, esperamos que vos sexa de moita axuda e que o pasedes ven percorréndoa e participando nos diferentes xogos propostos.


www.wix.com/ocaminodaaprendizaxe/ocaminodaaprendizaxe

miércoles, 21 de marzo de 2012

Artigo de periódico sobre os riscos de internet

Ola! Aquí aportamos un fragmento do periódico La voz de Galicia que espero que vos guste.
Trata sobre un programa que abordará en Carballo os riscos de Internet e a violencia nas aulas.
Paréceme que é unha mostra da gran importancia que ten a prevención desta problemática na poboación infantil.

Un saúdo

O programa Aprender para educar abordará este ano en Carballo os riscos de Internet e a violencia nas aulas


Aprender para educar, o programa formativo para pais e nais que promoven
dende o curso 2004-2005 o Concello de Carballo e a Asociación Socio-Pedagóxica
 Galega (AS-PG), abordará este ano dúas cuestións de especial actualidade.
Por unha banda desenvolveranse seminarios de educación dixital para que os
 proxenitores aprendan a valorar e a controlar os riscos de Internet e, por outra,
 haberá obradoiros sobre violencia nas aulas e resolución de conflitos.
A concelleira de Educación, Mar Eirís, destacou na presentación do programa a
«importante responsabilidade educativa» que teñen as familias, e subliñou tamén
as dificultades coas que soen atoparse para compaxinar unhas actitudes cada vez
máis democráticas dentro da casa coa autoridade que deben exercer, como tales,
os pais e as nais. Por iso, insistiu nun chamamento á participación, xa que as
cuestións
 que se abordarán este ano son «moi, moi interesantes» e poden axudar aos
 proxenitores a desenvolver o seu papel de educadores.
No mesmo sentido, o alcalde, Evencio Ferrero, convidounos a facer unha
 reflexión sobre a importancia do ambiente familiar para a educación. «Os pais
 non só non poden permanecer á marxe da educación dos seus fillos,
 senón que teñen que ser protagonistas activos», dixo.
Aprender para educar comezará mañá (Pazo da Cultura, 20.00 horas)
co primeiro seminario de educación dixital, no que Brais Martínez, infotecnólogo e director de proxectos de SDWEB, explicará o rastro que deixa a navegación por Internet, as ameazas da Rede, a veracidade da información que se consulta ou as redes sociais. En todos eses temas afondará a vindeira semana.
Os días 23 e 30, José Ramón González López, pedagogo e formador en
estratexias comunicativas, habilidades sociais, resolución de conflitos e
prevención de condutas violentas, dará ós pais unha serie de claves para
previr a violencia e mellorar na resolución de conflitos.

Actividade con Ardora

Aquí aporto nenos e nenas a actividade que tanto me custou subir espero que vos guste
moito e aprendades moito dos perigos de internet, a xogar!


Cuestionario HotPotatoes 2

Aquí o cuestionario que tedes que realizar logo de aprender todo sobre os perigos de Internet.
Pensamos que agora xa estás preparado e atinarás todas, adiante campión/a!

https://dl-web.dropbox.com/get/Novas%20tecnolox%C3%ADas/Cuestionario%20HTML%201.htm?w=95ae7c6b

domingo, 18 de marzo de 2012

Moi boas! Aquí deixamos á vosa disposición un xogo didáctico moi completo que fixemos coa aplicación JClic, esperamos que vos guste moito.
Trata dos perigos de internet, aportando ós alumnos que o realicen conceptos e termos clave que consideramos que lles axudarán a entender a problemática actual dos riscos co grooming, cyberbullying e o sexting.  Esperemos que disfrutedes!


O enlace:

sábado, 17 de marzo de 2012

Aquí aportamos outra actividade realizada esta vez coa aplicación Edilim, a fin de que os nenos coñezan os perigos de internet e a súa problemática nunha actividade de resposta múltiple,
esperamos que vos guste
A XOGAR!
Ola a todos! Hoxe comunícovos que conseguimos por fin pasar a actividade sobre o grooming que estivemos facendo, a fin de concienciar ós nenos sobre a existencia de individuos perigosos que lles pretenden facer dano, informándolles sobre a temática, espero que vos guste!
file:///c:/Users/Juan/Dropbox/Public/Carpeta%20nueva/Carpeta%20nueva/actividade.html

A ver se acertades!!!

Artigo dunha revista sobre a protección de datos persoais

Ola!!! Seguimos coa búsqueda de información e atopamos un fragmento que pode ser interesante en base de datos ISOC, e aquí o poñemos á vosa disposición.
Un saúdo enorme :)

"A Administración electrónica e a protección de datos persoais"

As novas tecnoloxías son unha ferramenta importante para a modernización do goberno que lles permiten ser máis eficaz na atención ao interese público e á promoción dos dereitos fundamentais.Entre as varias iniciativas son especialmente notablesLei 11/2007, do 22 de xuño, o acceso dos cidadáns aos servizos públicos electrónicos, que consagra o dereito de comunicarse co goberno electrónico. Loxicamente, iso implica un aumento no procesamento de datos persoais polas autoridades públicas, que debe sempre respectar o dereito fundamental á protección de datos persoais. É especialmente importante respectar este dereito fundamental na interconexión da base de datos da Administración Pública, xa que aumentan o risco e que representan unha maior influencia no dereito fundamental á protección de datos persoais.É preciso  respectar o principio de proporcionalidade, que esixe a realización dunha avaliación en cada caso, sobre o equilibrio entre o fin da interconexión, o interese público e os potenciais beneficios para os cidadáns nun procedemento administrativo específico, e esta limitación está no dereito fundamental á protección de datos persoais, especialmente no que se refire ao tipo de datos que están sendo procesados.

Ademais, é necesario respectar os presupostos que lexitiman a transferencia, non hai autorización nin consentimento legal, que a comunicación é necesario comprobar a exactitude das informacións facilitadas por cidadáns que están en poder do goberno, hai unha relación de empresa ou que para poderes similares sobre temas comúns.

É moi importante respectar o principio de calidade e finalidade para que a transmisión de datos entre as autoridades públicas limítase estritamente os datos necesarios para a resolución do proceso administración.

 Tamén digno de resaltar a obriga de informar ós cidadáns sobre as transferencias de datos entre administracións públicas, en especial cando estas funcións se fixeron sen o seu consentimento que poden dalgún xeito controlar o uso da súa información persoal. Se mentres o consentimento non é necesario para o procesamento de datos persoais para desempeñar funcións administrativas, permitindo que o automático de procesamento, a administración non pode impoñer aos cidadáns que teñen empresas con el por medio electrónico.

Ademais,esixe o consentimento da persoa en cuestión cando a Administración Pública recolle información persoal para ofrecer determinados servizoscomo noticias e avisos.

 Tamén información de seguridade moi importante no campo da administración electrónica, sempre que a autenticidade e integridade dos datos documentos persoais e oficiais é esencial para protección dos dereitos e para o normal funcionamento da actividade administrativa.Administración en liña deberán facilitar o exercicio do dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, especialmenteo dereito de contestar as decisións administrativas só segundo unha base de datos cruz.

En calquera caso, será para mellorar a protección de datos persoais na Administracióne aconsellou conseguir algunhas sinerxías co sector das TIC,que axuda a construír a chamada protección "das tecnoloxías certasá privacidade (PET). "

Xogo de SOPA DE LETRAS con definicións

Moi boas!Estes días días ocupados co tema dos xogos e con algunhas complicacións neles, pero  aquí vos aporto un xogo moi interesante de sopa de letras con definicións, que consideramos que pode ser moi útil a fin de que coñezan os riscos de internet os nenos.

Aquí tendes, esperamos que vos guste!

Un saúdo
file:///M:/Novas%20tecnolox%C3%ADas/hhhh.htm

jueves, 15 de marzo de 2012

Exercicio 1

Aquí deixamos unha das nosas actividades. Levamos varios días tentando publicalas para que poidades probalas. Esperamos que sexan de gran axuda e que pasedes un bó momento de OCIO.

Aquí queda... A XOGAR Ó AFORCADO!

lunes, 12 de marzo de 2012

Noticia sobre CYBERBULLYING,GROOMING E SEXTING.

Aquí aportamos un enlace web cunha páxina dun periódico que nos pareceu de interese.


http://www.parasaber.com/familia/educar-ninos/nuevas-tecnologias/articulo/internet-educar-nino-ciberbullying-grooming-sexting-pantallasamigas-amenazas-tecnologicas-menores/44508/
Ciberbullying, grooming y sexting, as ameazas tecnolóxicas para os menores


Cada vez son máis numerosos os casos de acoso e extorsión nos que se ven involucrada a xuventude na Red.
Moitos países atópanse nunha encrucillada á hora de educar ós seus fillos no entorno das novas tecnoloxías e, en concreto, no mundo de Internet. Ben por descoñecemento ou ben por incapacidade de control paterno, os menores moitas veces vense expostos a ameazas serias derivadas do uso da Rede. Por iso, deben quedar claros tres conceptos que se presentan como os principais riscos das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC): ciberbullying, grooming e sexting.


O ciberbullying prodúcese cando un/unha menor atormenta, ameaza, humilla ou molesta a outro/a mediante Internet, teléfono móbil, videoconsolas ou outras tecnoloxías. O ciberbullying pode ser o paso seguiente ó acoso sobre unha persoa ou un punto de inicio difícilmente perceptible por padres e educadores. O problema é aínda máis grave á vista das contundentes cifras: o 42% dos nenos de 6 anos está nalgunha rede social, según o eurobarómetro, a pesar de que o límite de idade son os 14 anos.



Redes como Tuenti (en maior medida no noso país), Facebook ou My Space constitúen a vida online dos mozos, sitios abertos onde colgan a  súa información persoal, os seus hábitos de vida, incluso fotografías persoais, e contactan cos seus amigos. Por iso, as redes sociais convértense nunha plataforma moito máis potente para o abusador á hora de intimidar e ameazar a outro, xa que calquera acción difamatoria que realice alí será vista por todos os contactos do abusado quedando en evidencia ante eles. Tanto que xa se deron casos extremos como o de Phoebe Prince , unha moza irlandesa de 15 anos que emigrou a Massachusetts e que se suicidou o pasado mes de xaneiro ó sufrir bullying por Internet dos seus compañeiros ó recibir insultos e ameazas a través de emails.


O grooming, o engatusamento, refírese a aquelas prácticas online de certos adultos para gaña-la confianza dunh/a menor con fines de satisfacción sexual. Esta práctica está íntimamente relacionada coa pornografía infantil, a pederastia e deriva en casos de abuso sexual. Os acosadores póñense en contacto con menores, xa sexa polas redes sociais, por chat ou videochat ou por foros de contactos. Na gran maioría dos casos falsifican a súa identidade co fin de conseguir un encontro co menor.



Esta práctica resulta se cabe máis escalofriante á luz das conclusións dun estudo realizado pola Universidade Rey Juan Carlos denominado "Usos de Internet entre os menores da Comunidade de Madrid. Riscos e características". Un 16% dos menores entre 12 e 17 anos recoñece usa-la Rede para contactar con extraños e un 23% de eles di chegar a ter citas con descoñecidos. Ademais, un 5% recoñece que tivo unha experiencia moi desagradable ou perigosa durante esas citas.


Por último, o sexting é unha práctica consistente no intercambio de contidos persoais de tipo sexual (fotografías ou videos) por medio de teléfonos móbiles ou Internet. Estes envíos acostuman producirse entre parellas ou ben co fin de tentar seducir a outra persoa, pero o perigo ven dado en que moitas veces contacta con xente descoñecida. A extorsión con facer públicas esas fotografías propicia graves problemas psicolóxicos ó menor, que nalgún caso remataron en suicido.



Os países non están indefensos ante estas ameazas ás que se exponen os seus fillos cada vez que se conectan a Internet. Existen varias asociacións que alertan sobre estes riescos e indican como poderían prevenilos. É o caso de PantallasAmigas , unha iniciativa que promove o coñecemento e o uso seguro das novas tecnoloxías. O mesmo ocurre coa web Protégeles , unha ventá aberta ós pais para denunciar aqueles portais sospeitosos que promovan contidos inadecuados.

Pola túa seguridade...


Aquí deixamos unha serie de ideas sobre como facer un uso seguro de Internet.


1. Compartir con adultos as experiencias en Internet. ¡Disfrutar de Internet en compaña!
2. Se hai algo que vos produce inquietude cuando estades en línea, faladeo con alguén cercano.
3. Se visitas salas de chat, utilizas programas de mensaxería instantánea (IM), videoxogos en línea ou outras actividades en Internet que requiren un nome de usuario para identificarse, pide axuda para elexir dito nome de usuario e asegurádevos de que éste non revela ningún tipo de información persoal.
4. Nunca debedes facilitar a vosa dirección, número de teléfono nin ningún outro tipo de información persoal, coma o colexio ao que vades ou dónde vos gusta xogar.
5. A diferencia entre o que está ben e o que está mal tamén se aplica en Internet.
6. Respetade a outras persoas cuando estades en  línea, as reglas do bo comportamento non cambian polo feito de estar conectado a Internet, diante de un ordenador.
7. Respetade a propiedade doutras persoas cuando se conecten. Facer  copias ilegais do producto do traballo dos demáis (música, videoxogos e outros programas) é igual que roubalo nunha tenda!
8. Nunca debedes intentar coñecer en persoa a amigos que coñezades en línea. Poden non ser quenes din que son.
9. Non todo o que ledes e vedes en Internet é certo. Preguntade sempre que non estedes seguros de algo.

Vídeo para reflexionar sobre os temas tratados, "os perigos de internet"

Con este vídeo pretendemos demostrar que  non só é teoría, senón que sucede no día a día e pode pasarlle a calquera. 

"ALERTA COS PERIGOS DE INTERNET, TI PODES EVITALOS "