lunes, 13 de febrero de 2012

Informe do proxecto



INFORME DO PROXECTO

A  elección da temática “os perigos de Internet ó alumnado do terceiro ciclo de educación primaria”, débese a que é un tema moi interesante e preocupante para nós, que está moi presente na sociedade actual. Preferímos esta opción ás demais posibles pola súa importancia e valoración persoal pola maioría do grupo.

Consideramos que é moi importante advertir ás novas xeracións sobre os riscos dos que dispón a web para evitar as consecuencias negativas que moitas veces se ensinan abarcando en concreto o grooming, ciberbullying,sexting e a privacidade persoal na rede polos alumnos. Estes problemas e posibles danos que os alumnos poden sufrir pola súa vulnerabilidade,  podemos previlos concienciando ós alumnos do terceiro ciclo sobre os diversos tipos de ámbitos que tratamos mencionados anteriormente.

Con isto, pretendemos contribuír a que sexan capaces de evitar abusos que poderían recibir, e educalos para que teñan coñecementos previos sobre este asunto e problemática, de maneira que se lles sucedera a situación de contactar con algún contacto extraño na rede, sexan capaces de responder axeitadamente e de forma madura e prudente. Queremos, polo tanto, dotar ós nenos de estratexias efectivas que poidan utilizar no seu uso cotiá no seu entorno máis próximo e que sexan efectivas e de utilidade.

Pensamos que alertando sobre estes conflitos dunha maneira na que, empregando actividades que consideramos entretidas e motivantes, poderemos optimizar o método de transmitirlles a gravidade dos riscos da rede e obter resultados satisfatorios nos obxectivos.

Recorremos a  unha participación máis activa dos educándoos con xogos nos que realicen actividades didácticas que os informen dunha maneira entretida. Non pretendemos basarnos únicamente en explicacións e charlas  de docentes  que consideramos que poden favorecer ós nenos e nenas, ou mellorar a situación, pero si pensamos que non é o método máis axeitado, senón que mediante as actividades pretendemos que coñezan os riscos.      

Os obxectivos xerais establecidos baseándonos no currículum da lexislación en Galicia no decreto 130/2007 son:

En primeiro lugar, o primeiro obxectivo é  amosarlles ós cativos actitudes contrarias á violencia, aos estereotipos (de xénero, lingüísticos, relixiosos, culturais, físicos...) e aos prexuízos, sendo quen de defender os propios puntos de vista mediante o diálogo e a argumentación.  En concreto disponemos do obxectivo de que coñezan a existencia de individuos perigosos na rede e que se conciencien para non manter diálogo con eles e non contribuír ás actitudes violentas que se dan con respecto ós perigos de internet.

O segundo obxectivo é utilizar estratexias de resolución pacífica dos conflitos desde o diálogo e a mediación, sobre o neno e a súa privacidade persoal, en específico explicarlles ós alumnos e alumnas que existen riscos na rede por acosadores a fin de alertarlles do problema, a fin de que actúen rompendo cos lazos e sendo mediadores de evitar este tipo de problemas.

O terceiro obxectivo é identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, de inxustiza e de discriminación, na vida cotiá do alumnado e noutras realidades e amosar sensibilidade polas necesidades das persoas e dos grupos máis desfavorecidos, desenvolvendo comportamentos solidarios e favorecedores da convivencia e participando, na medida das súas posibilidades, en iniciativas que buscan cambiar estas situación.En concreto queremos que rexeiten e desprecien este tipo de actitudes de violencia na rede e as eviten.

Os contidos que queremos traballar son os perigos de internet, co risco das redes sociais, a privacidade dos datos persoais e a valoración dun uso responsable de internet, así coma o grooming, ciberbulling e o sexting. Son en primeiro lugar a aceptación e práctica das normas sociais referidas á protección e seguridade persoal.

Este contido especifícase mostrarlles as actitudes de individuos perigosos na rede, e de actuar e tomar conciencia da problemática a fin de actuar axeitadamente nestas situacións.

En segundo lugar establecemos o contido respecto polas normas de uso, de seguridade e de conservación dos instrumentos e dos materiais de traballo.

Este contido especifícase na privacidade persoal da que queremos que sexan conscientes da súa importancia.

En terceiro lugar establecemos o contido uso responsable das TIC. Valoración da necesidade de controlar o tempo destinado ás tecnoloxías da información e da comunicación e o seu poder de adicción.

Este contido concrétase en ensinarlles a manter un uso responsable e axeitado da rede.

A nosa actividade consistirá en parte,en dispoñer dunha serie de vídeos atopados en youtube que consideramos oportunos coa temática que adoptamos, amosando os ámbitos que tratamos (grooming, ciberbulling,sexting e a privacidade).

Ademáis disponemos de exercicios en forma de actividades interactivas realizados nas aplicación web Edilim, Ardora, JClic, para empregar xogos didácticos que posibiliten a adquisición dos coñecementos sobre os perigos de internet, e parécenos que coa súa propia experiencia empregando o xogo divirtiranse moito e ademáis aprenderán os contidos establecidos, polo tanto cremos que será unha aprendizaxe significativa, perdurando os contidos neles, e de forma dinámica, moderna e divertida.

Consideramos moi interesante e de utilidade empregar a aplicación Hot Potatoes para obter información dos alumnos do terceiro ciclo para adecuarnos ás súas características persoais, empregando para isto por realizar un cuestionario de vinte preguntas a fin de coñecer as características persoais dos alumnos encadrados nun contexto concreto.Esta cuestión a consideramos moi importante no noso proxecto debido que  podería acontecer que lles expliquemos información que non se adecúa ás súas características nin necesidades persoais nin coa súa situación.


SONIA Actividades a realizar


A última actividade trátase dun cuestionario no que tratamos de avaliar o noso traballo coas respostas dos nenos e nenas. Descubrindo así, si entederon as diferentes explicacións sobre os perigos de internet. Esta actividade consta de 12 preguntas cos seus correspondentes resposta onde so poderán elixir unha, a poder ser sempre a correcta.

Esta actividade ten un fin educativo xa que pretendemos que mediante o xogo , se entreteñan  e aprendan algo, non co estuden e se olviden ao día seguinte senón que cada día que utilicen o ordenador se acorden  das nosas explicacións e os diferentes xogos. Esta actividade danos a oportunidade de ver o que os nenos e nenas  aprenderon e se entenderon os diferentes perigos.

Esta actividade realizarase de maneira individual para poder comprobar os resultados de cada neno e nena xa que é un tema no que cando ocorre un caso, dáse individualmente e son os propios nenos e nenas por si mesmos os que se deben de dar conta. Para esta actividade necesítase un ordenador, unha certa axilidade por parte dos nenos e nenas dos ordenadores e se a atención do alumnado fose boa e as explicacións do temario fosen claras non sería necesario moito tempo para o cuestionario sempre os diferentes conceptos quedasen claros.

Esta actividade foi realizada co programan Hot Potatoes Hot Potatoes é un sistema para crear exercicios educativos que poden realizar posteriormente a través da web. Os exercicios que crea son do tipo resposta curta, selección múltiple, rellenar os ocos, crucigramas, emparexamento e variados.Esta actividade pode ser realizada por todo o alumnado xa que ten imaxes e non resulta ningún problema para o alumno que se encontra no centrocon problemas de diversidade.

A avaliación desta actividade e o resultado de todo o proceso xa que é o cuestionario final no que se poderá valorar o que os nenos e nenas aprenderon. A avaliación deste cuestionario farase segundo os acertos. Este cuestionario tamén serviu para nos mesmos xa que dependendo dos resultados poderemos saber se o noso traballo foi bo ou non. E así poder mellorar.

ALBA

A actividade consiste nun cuestionario realizado co programa HotPotatoes. Tal cuestionario consta de 6 preguntas, que se lle realizan ós nenos co fin de saber os seus coñecementos previos a unha charla sobre “Os perigos de Internet”.A metodoloxía empregada foi a creacións de cuestións, poñendo tres ou catro posibles respostas a continuación. O alumno debe elexir a que crea máis adecuada. Se elixe a correcta, aparecerá unha frase animando ó neno e felicitándoo; do contrario, a frase será negativa, pero sempre animando ó alumno a mellorar e animando.


A actividade realizarase individualmente, posto que terase en conta a forma de pensar de cada un dos alumnos.Cada alumno contará cun ordenador, no que poder responder ás cuestións.Contarán cun tempo aproximado de 10 minutos para responder ás cuestións: cinco minutos para ler atentamente cada cuestión e reflexionar sobre ela, un ou dous minutos para elexir a que crean precisa, e o tempo sobrante para repasar por se se equivocaron nalgunha. Estes 10 minutos son máis que suficientes, por non dicir demasiados, para realizalo cuestionario.

Posto que no curso no que se realiza a actividade existen alumnos con problemas de vista, existe unha opción que reproduce falando as preguntas e as respostas, para que eses alumnos poidan realizar o cuestionario sen ningún tipo de problema.

Posto que é unha actividade que se realizará antes da charla sobre o tema, os perigos de internet, as respostas ás cuestións non formarán parte de ningún tipo de nota, ó contrario que co post-cuestionario. Isto débese a que os alumnos non teñen por qué coñecer ningún dos problemas que existen antes de informarlles, polo que o cuestionario tan só será para axuda e interese dos maestros, para informarse do que saben, para que ó facer posteriormente o outro cuestionario sepan os coñecementos previos que tiñan.

Jesús

A actividade consiste nunha cuestión a resolver entre catro posibles despostas sobre o tema dos posibles contactos que existen en Internet, e a decisión máis acertada que se debe tomar se se fala con un descoñecido.A actividade empregada consiste en poñer unha única pregunta con 4 posibles respostas.A actividade realizarase en grupos de dúas persoas en cada ordenador.Os vintedous alumnos repartiranse en 10 ordenadores na clase de informática.Para a súa realización requeriranse cinco minutos.Realizarase unha reunión  na que esta actividade debatirase sobre a súa validez a fin de intentar mellorala ou propoñer unha mellor, así como para comprobar se se adecúa ó nivel  mental e de maduración persoal dos nenos e nenas.

Os alumnos do terceiro ciclo de educación primaria verán os vídeos sobre os ámbitosque tratamos de ciberbullying(co do perigo do acoso que poden recibir os escolares en internet en gran parte polas redes sociais), grooming(explica moi ben o perigo do posible abuso sexual que poden recibir por parte de descoñecidos que intentan contactar cos nenos), sexting(explica o perigo de descoñecidos que pretenden crear azos de amistade con nenos e nenas con fins sexuais) e privacidade persoal(explica o perigo de non disponer por partedos alumnos dunha boa privacidade e seguridade persoal) na súa clase co seu profesor/titor ao comezar a clase na sala de informática con dez ordenadores para vinte alumnos,dos cales dous padecen discapacidade auditiva grave.

O tempo previsto a observación dos vídeos son 25 minutos. Para a atención dadiversidade disponemos dun xogo especial para que poidan sen moita dificultade obter os coñecementos previstos. A avaliación realizarase mediante un cuestionario no que se lles farán cuestiónsrelativas á súa adquisición de coñecementos sobre os perigos de internet(ciberbullying, grooming, sexting e privacidade persoal) e a problemática actual da mesma.

Ademáis realizarase unha reunión cos profesores implicados a fin de realizar unha crítica da actividade para poder mellorala e intentar atopar os posibles erros da mesma, intentando optimizar para futuras ocasións os procedementos que empregamos na clase.


Mari:
A actividade foi realizada coa aplicación Ardora. Trátase do famoso xogo do aforcado de toda a vida, pero co vocabulario referente ós riscos de Internet. Para realizar este exercicio é preciso coñecer as definicións destes riscos e ir completando as diferentes partes.

Esta actividade farase en grupos de dous e, como recursos teñen o ordenador, vídeos e utilizar a información da webquest e do mesmo blog.O tempo adicado a esta actividade será de quince minutos, sete para ler a información e o resto para realizar o exercicio.Aínda que na nosa clase hai un neno con discapacidade auditiva, para realizar esta actividade non ten problema, xa que soamente terá que ler e buscar información.

Este exercicio é unha forma de comprobar os coñecementos que os rapaces van aprendendo. Tamén se comprobarán os puntos que se conseguiron entre os rapaces de cada grupo, aínda que a avaliación final se realizará co último cuestionario. 

Seguidamente conectaránse ao enlace web dos xogos a medida que xogan o docente os observa en particular e comproba que realizan a actividade e felicitar ós que o resolvan axeitadamente e valorar tamén o traballo realizado de cada un.Ao rematar a clase fará unha breve explicación práctica e entregará un tríptico  a cada alumno para que o entreguen ás familias con información sobre tódolos ámbitos que se trata a fin de estimular unha conexión familias-centro e alertarlles tamén sobre a problemática dos perigos de internet.
Por outra banda analizarase a nova información que pode atoparse en investigacións a fin de actualizar e amosar a realidade dos perigos na rede pretendendo mellorar así a actividade.O tempo establecido para todas as actividades é hora e media.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿ Consideras un perigo as redes sociais nas mans de menores entre 10 e 12 anos?