lunes, 12 de marzo de 2012

Noticia sobre CYBERBULLYING,GROOMING E SEXTING.

Aquí aportamos un enlace web cunha páxina dun periódico que nos pareceu de interese.


http://www.parasaber.com/familia/educar-ninos/nuevas-tecnologias/articulo/internet-educar-nino-ciberbullying-grooming-sexting-pantallasamigas-amenazas-tecnologicas-menores/44508/
Ciberbullying, grooming y sexting, as ameazas tecnolóxicas para os menores


Cada vez son máis numerosos os casos de acoso e extorsión nos que se ven involucrada a xuventude na Red.
Moitos países atópanse nunha encrucillada á hora de educar ós seus fillos no entorno das novas tecnoloxías e, en concreto, no mundo de Internet. Ben por descoñecemento ou ben por incapacidade de control paterno, os menores moitas veces vense expostos a ameazas serias derivadas do uso da Rede. Por iso, deben quedar claros tres conceptos que se presentan como os principais riscos das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC): ciberbullying, grooming e sexting.


O ciberbullying prodúcese cando un/unha menor atormenta, ameaza, humilla ou molesta a outro/a mediante Internet, teléfono móbil, videoconsolas ou outras tecnoloxías. O ciberbullying pode ser o paso seguiente ó acoso sobre unha persoa ou un punto de inicio difícilmente perceptible por padres e educadores. O problema é aínda máis grave á vista das contundentes cifras: o 42% dos nenos de 6 anos está nalgunha rede social, según o eurobarómetro, a pesar de que o límite de idade son os 14 anos.



Redes como Tuenti (en maior medida no noso país), Facebook ou My Space constitúen a vida online dos mozos, sitios abertos onde colgan a  súa información persoal, os seus hábitos de vida, incluso fotografías persoais, e contactan cos seus amigos. Por iso, as redes sociais convértense nunha plataforma moito máis potente para o abusador á hora de intimidar e ameazar a outro, xa que calquera acción difamatoria que realice alí será vista por todos os contactos do abusado quedando en evidencia ante eles. Tanto que xa se deron casos extremos como o de Phoebe Prince , unha moza irlandesa de 15 anos que emigrou a Massachusetts e que se suicidou o pasado mes de xaneiro ó sufrir bullying por Internet dos seus compañeiros ó recibir insultos e ameazas a través de emails.


O grooming, o engatusamento, refírese a aquelas prácticas online de certos adultos para gaña-la confianza dunh/a menor con fines de satisfacción sexual. Esta práctica está íntimamente relacionada coa pornografía infantil, a pederastia e deriva en casos de abuso sexual. Os acosadores póñense en contacto con menores, xa sexa polas redes sociais, por chat ou videochat ou por foros de contactos. Na gran maioría dos casos falsifican a súa identidade co fin de conseguir un encontro co menor.



Esta práctica resulta se cabe máis escalofriante á luz das conclusións dun estudo realizado pola Universidade Rey Juan Carlos denominado "Usos de Internet entre os menores da Comunidade de Madrid. Riscos e características". Un 16% dos menores entre 12 e 17 anos recoñece usa-la Rede para contactar con extraños e un 23% de eles di chegar a ter citas con descoñecidos. Ademais, un 5% recoñece que tivo unha experiencia moi desagradable ou perigosa durante esas citas.


Por último, o sexting é unha práctica consistente no intercambio de contidos persoais de tipo sexual (fotografías ou videos) por medio de teléfonos móbiles ou Internet. Estes envíos acostuman producirse entre parellas ou ben co fin de tentar seducir a outra persoa, pero o perigo ven dado en que moitas veces contacta con xente descoñecida. A extorsión con facer públicas esas fotografías propicia graves problemas psicolóxicos ó menor, que nalgún caso remataron en suicido.



Os países non están indefensos ante estas ameazas ás que se exponen os seus fillos cada vez que se conectan a Internet. Existen varias asociacións que alertan sobre estes riescos e indican como poderían prevenilos. É o caso de PantallasAmigas , unha iniciativa que promove o coñecemento e o uso seguro das novas tecnoloxías. O mesmo ocurre coa web Protégeles , unha ventá aberta ós pais para denunciar aqueles portais sospeitosos que promovan contidos inadecuados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿ Consideras un perigo as redes sociais nas mans de menores entre 10 e 12 anos?